GRUPO SEMENTEIRA

Sementeira  é un grupo formado por persoas do mundo educativo, que se caracterizan pola súa diversidade (Mestres/as de diversas especialidades) que se reúnen coa finalidade de ano tras ano indagar sobre aspectos diversos que faciliten o proceso de ensinanza aprendizaxe, e por tanto a calidade da educación que levamos a cabo nas aulas, enriquecéndonos das aportacións dos nosos compañeiros/as e traballar conxuntamente en prol de temas comúns, que cubran as nosas inquedanzas (06/07 : lóxica-matemática,  07/08 : TICs, …) e favorezan a nosa autoformación axustándose as nosas carencias.             Agrupámonos no curso 07/08 baixo o nome de “Grupo Sementeira” coa intención de dar unha denominación común a diversidade que o compón ( membros de colexios rurais agrupados, de escolas infantís, de centros de educación infantil e primaria, entornos rurais, e urbanos,…)             Neste curso Sementeira, atopase dividido burocráticamente en dous grupos de traballo denominados “Como mola aprender co rato na escola” (CEFORE de Pontevedra) e “Aprende un Anaco xogando co rato” (CEFORE de Santiago de Compostela). Aínda que na realidade os nosos esforzos por aprender e traballar seguen sendo en conxunto.