Anotacións do mes Marzo, 2010

iPAD

Domingo, Marzo 7th, 2010

nuevos ordenadores ipadEn palabras de Jobs, el iPad, está “a medio camino entre el teléfono y el portátil”. Es un navegador de Internet, un reproductor multimedia para escuchar música o ver vídeos y películas; una consola de videojuegos y un lector de libros electrónicos con pantalla a color. Por supuesto, táctil y en pantalla de 10 pulgadas (25,4 centímetros).

As aulas do futuro

Domingo, Marzo 7th, 2010

Uns 14.500 alumnos galegos de 5º de primaria e 1º de ESO terán cadanseu ordenador portátil na aula durante o próximo curso e máis de 200 centros adaptaranse ás novas tecnoloxías no marco do programa Abalar, impulsado pola Consellería de Educación para transformar a concepción “tradicional” do ensino nun novo modelo “dixital”.

Así o confirmou onte o titular do departamento autonómico, Jesús Vázquez Abad, quen destacou que se trata dun “dos proxectos estelares” da Consellería xunto ao plan do plurilingüismo no sistema educativo e que na súa primeira fase 2009-2013 dotará de equipamento, infraestruturas e recursos dixitais a un total de 87.000 alumnos, 1.000 centros e formará 15.000 docentes de 5 e 6 de primaria e 1º e 2º de ESO. Para acadar este obxectivo, a Administración autonómica destinará un investimento de máis de 12 millóns de euros dos que 4,3 son achegados polo Estado -como parte do plan Escola 2.0 do Ministerio- e dos que 1,1 millóns se destinaron xa no 2009 a mellorar as instalacións eléctricas de 138 centros educativos, entre os que se inclúe o 100 por cento dos CPI e “unha elevada porcentaxe dos IES”, incidiu Vázquez.