Anotacións do mes Marzo, 2008

Mundo Agro

Domingo, Marzo 30th, 2008

A nosa compañeira Gela pasame esta dirección , non ten desperdicio.

 http://www.conafor.gob.mx/portal/home.php

Tamos en tempos de sementeira.

Novedades del Colegio de Igrexa de Chapela

Venres, Marzo 28th, 2008

img006-640x480.jpgLos alumnos del colegio público Iglexa de Chapela dispondrán de servicio de comedor a partir del próximo curso. El centro pondrá en marcha a partir de septiembre el servicio, que se ubicará en el bajo de una de las antiguas viviendas escolares y que tendrá capacidad para 25 niños. El comedor estará gestionado por el AMPA. (Faro de Vigo , Jueves 27 de marzo 2008)

FELICES PASCUAS!

Mércores, Marzo 19th, 2008

O último día de cole foi un día moi dulce, cheo de ovos de chocolate e coelliños. Pero non nos olvidamos dos nosos amiguiños e amiguñas que temos noutros coles, por iso, dende o Ceip de Igreza-Chapela, os desexamos Felices Pascuas, con este pequeno mural feito polos nenos e nenas de 3-4 anos. ¡Que teñades unhas boas vacacións de Pascuas!

pascua1.jpg

“O DÍA DE INTERNET”

Domingo, Marzo 16th, 2008

TADEGA  e  EDIGA  están inscritas no premio  “el día de internet”.

 TADEGA presenta tres candidaturas; iniciativa educativa, accesibilidade, e fenda dixital.

EDIGA presentase na categoria de accesibilidade.

Un xurado analizará as candidaturas para sopesar a súa calidade, podedes ver o seu traballo nas Páxinas  www.tadega.net    e  en  www.ediga.net . Si queredes apoiar as súas candidaturas podedes facelo votando nos seguintes enlaces, para TADEGA:

www.diadeinternet.org/2008/index.php?body=premios_votar&ctr=2472

www.diadeinternet.org/2008/index.php?body=premios_votar&ctr=2470

www.diadeinternet.org/2008/index.php?body=premios_votar&ctr=2471

Para EDIGA:

www.diadeinternet.org/2008/index.php?body=premios_article&id_article=2473

  Unha perta e sorte os nosos amigos. 

Unha mostra dun traballo ben feito

Sábado, Marzo 15th, 2008

Gela en estado puro … sementar sementarei

Crea o teu propio boneco

Sábado, Marzo 15th, 2008

Cambia a tua cara nun so clic

SEMENTEIRA????

Xoves, Marzo 6th, 2008

QUE É PARA MIN SEMENTEIRA?

Podería ser unha parada de bus, ou unha praza de aparcamento, ou un banco da alameda, ou… unha habitación de hotel…

… é decir, para min é o lugar e o momento de encontro de persoas, mestres e mestras que queremos aprender, traballar, mellorar, todos xuntos, e sobre todo, penso que cadaquen, por separado alí onde foi parar a traballar: a súa escola.

POR QUE CREO QUE APARECE SEMENTEIRA?

O grupo, como grupo de traballo xa viña funcionando dende hai anos, e soubo, dun xeito moi cordial e agradable, acollernos a todas aquelas persoas que nos fumos arrimando.

Pero, se atendemos ao nome en sí, Sementeira débese, básicamente a unha cuestión de comodidade, por mor de identificarnos dun xeito cómodo e rápido.

POR QUE É PRECISO IDENTIFICARNOS?

Por unha cuestión mediática…

Imos ver…,

…o ano pasado, non sei se por BOA ou MALA SORTE (soberbia aparte), fomos premiados cun Educacompostela. Este feito tivo unha repercusión mediática, os medios de comunicación demandaban información sobre o noso traballo e tamén sobre nós. Ahí é onde estaba o problema, ou a orixe de ter que bautizar o Grupo. Cadquen dos e das que formamos o grupo somos, xa non dun cole diferente, senón de concellos e provincias distintas. Facer unha presentación podía convertirse nunha letanía…

Presentarnos como Sementeira facilitaba a nosa identificación, de ahí o da comodidade.

O da “MALA SORTE”, creo que merece unha aclaración. Todo premio é ben recibido, dicir o contrario sería de necios, pero dáme medo porque podería crear falsas expectativas, motivacións, ansias…. Penso que teño que traballar como se me tiveran dado un premio polo meu traballo, pero non me perdonaría pensar que podo chegar a traballar para que me dean un premio.

 Eu vivín o do premio un pouco por riba, que ben! gañamos! pero… o que? que siñifica? (teño que admitir que era bastante ignorante neste tipo de cuestións). Fun máis conscente, cando me vín sentada no concello de Santiago, e, sobre todo, cando coñecín aos outros premiados, cáspita!!! que nivelaso!!!

Por iso….

QUE NON ME GUSTARÍA QUE FORA SEMENTEIRA?

Voume centrar na parte semántica do nome:

sementeira…, sementar…

 para que?…. para recoller

 para recoller que?… TATE, ESTE É O MEOLLO.

- quero FACER e RECOLLER saberes, que chulada aprender e traballar cousiñas ás veces novedosas (coma as TICs deste ano), ás veces coñecidas e cercanas (coma as Matemáticas do ano pasado, pero o feito de pensar sobre elas fai desas prácticas algo máis serio , máis digno de ter en conta)

- quero DISPOR e RECOLLER tempos e momentos agradables e distendidos, que aínda sendo no espacio de traballo, supoñan un xeito diferente de ocupar este espacio, posto que case sempre é un traballo (o do grupo) moi atractivo

- e, se todo sae ben, porque non, tamén estou disposta a CONSTRUIR e RECOLLER amizades, así como a ofrecer e ofrecerme

Con esta colleita, estou máis que satisfeita; dando por feito, que o verdadeiro, o importante de todo este proceso é o mesmo proceso, non tanto a colleita.

Como se trataba de reflexionar…. de pensar para propoñer…, eu deixo cair algunhas relfexións que hai tempo que me preocupan:

- estamos todos dacordo en recoller os mesmos froitos?

- dispoñemos todos das mesmas ferramentas para traballar?

- segundo co símil de sementar e o mundo rural…. non estaremos adicando máis tempo á Feira de Silleda, a expoñer e ensinar os nosos productos que a estercar, trillar,…os nosos porrales…..? É dicir, logo, blog -marketing, en xeral- están ben, pero… non sería cousa de mirar máis polo que nos toca de cerca, o noso traballo, as nosas escolas e, sobre todo, os nosos nenos?

- xa vou sabendo moitas maneiras de amosar o meu traballo, pero se non teño traballo que ensinar…. de que me sirve?refírome ao xeito de integrar todo na aula, metodolóxicamente e organizativamente falando.

Non che está mal esto do BLOJ, podo permitirme o luxo de pensar en alto, todas as trapalladas que me pasan pola cabeza. Sen ánimo de ofender a ninguén, espero e agardo que, polo menos teñamos un punto de partida para o debate, para falar desas cuestións filosóficas e trascendentais das que case sempre soemos fuxir; QUEN somos, ONDE estamos, QUE queremos, COMO o conseguiremos, POR QUE e PARA QUE o facemos.