Dentro do proxecto Rural Wins, estámos a levar a cabo unha serie de actividades de diferente natureza, entre elas contactos con nenos e nenas doutras comunidades autónomas a través de video-conferencias.
En estos encontros na rede, @s nos@s pequen@s intercambian todo tipo de información, tradicións, cancions, todo aquelo que para eles é nun momento determinado importante ou interesante.
Neste primeiro trimestre fixemos xa catro conexións entre escolas galegas e unha escola de LLeida, a escola de Prats, eles amosáronnos unha tradición moi bonita que teñen alí , a do “Caga Tió”, un tronco máxico que no Nadal si os nenos lles cantan , danlle de comer, e o coidan correspóndelles con un pequeno agasallo .
Os nosos nen@s pensaron que tamén querían ter un tronco máxico, así que puxémonos mans a obra, e no bosque máis máxico que hai, atopámos un precioso tronco que chegou a nosa escola o día seguinte.
Sin cara….,sin nome….., chegou a escola, así que tiveron que poñerse a pensar qué cara lle ían poñer e o que é máis importante, cómo lle íamos chamar.Pouco a pouco decidéuse que a súa cara ía ser moi simpática, puxéronlle ollos , boca sonrinte, e nun pedestal colocáronno, pero como non podiamos chamarlle tronco, non quedou máis remedio que buscarlle o mellor nome posible, cada un foi aportando as súas ideas, ata que o final chegaron a conclusión de que era o tronco máis feitiño que se vira por estes lares, así que o nome foi “Feitiño”.
Feitiño resultou ser máxico en verdade, e o primeiro que nos fixo foi facer que na clase aparecera un precioso mural con dous fermosos castelos, incrible. Démoslle de comer, cantámoslle cancions e…….o día seguinte trouxonos un Papá Nöel que tamén era máxico e o cantarlle erguíase lanzando a súa cabeza polo aire, moito rimos con él, bailamos e fixémolo cantar moitísimas veces, non nos olvidamos de levarllo a enseñar os nosos compañeiros , a eles tamén lles gustou moito.
Co paso do Nadal, Feitiño marchou, desapareceu, os nosos amigos de Prats dixéronnos que Tió tamén marchara, pero que o noso amigo nos´deixara unha sorpresa, que non lle dira tempo de rematala antes de marchar e que nos tocaba a nós facelo. Qué pensades que deixou? pois un castelo, un fermosos castelo de madeira, con torre da homenaxe e todo!.
Pintámolo,e agora está na nosa clase , xogamos con él e pasámolo moi ben, a espera de que retorne o Nadal e poder voltar a ver o noso amigo Feitiño o que tanto aprecio lle collemos