Anotacións do mes Xuño, 2007

O proxecto segue na rede!

Luns, Xuño 25th, 2007

Co gallo da fin do proxecto neste curso escolar 06/07, plataformas da calidade de Cultura Maritima e Vieiros fanse eco das nosas iniciativas.

Dende Shekeirox ata Blogaliza tamén temos un anaquiño  no seu pensamento, así como os 37 centros e iniciativas (nacionais e europeos) que nos fixeron ligazóns e contribuiron ao noso desenvolvemento.

Grazas a todos por difundir a nosa experiencia!!!

EDIGA (Encerado Dixital Interactivo de Galicia)

Venres, Xuño 22nd, 2007

Nace unha plataforma interesante da cal o noso centro forma parte; expoñemos un extracto do mail enviado aos centros de Galicia:

Ediga

Estimados compañeir@s
Acaba de ver a luz unha nova experiencia que un grupo de docentes de diferentes lugares de Galicia intentamos levar adiante sobre o traballo que realizamos cos Encerados Dixitais Interactivos.

Trátase de EDIGA (http://www.ediga.net/ ).

Pretendemos que este sexa un punto de encontro, un lugar onde poidas atopar información, ver o que fan compañeiros e compañeiras doutros centros, onde intercambiar opinións, actividades, tarefas, formación,… esperamos dar resposta a todas as dúbidas que teñas.
Pero o máis importante é que esperamos que participes, colabores, aportes cousas, opines… todo o que ti queiras. Podes inscribirte dende o propio blog ou ben colaborar dende o apartado Colabora con nós.

Gracias por deixarnos entrar un anaquiño no teu ordenador e esperamos volvera verte.

EDiga (grupo de usuarios de Encerado Dixital Interactivo de Galicia)

Coido que é unha proposta moi interesante, ¿non creedes? :)

Un mural co Encerado Dixital (3 anos)

Martes, Xuño 19th, 2007

Co gallo do proxecto, a introdución do EDI na aula de 3 anos non podería ser menos que facendo un mural acuático cos peixes máis representativos para os nenos. Rematado este envíouse a outros centros para engadirlles máis especies e flora mariña… “un conto viaxeiro”? non!!, “un conto navegante”!!!!

Festival Fin Curso 06/07…adicado ao mar.

Sábado, Xuño 16th, 2007

Moito choiaron os docentes do centro CEIP de LAREDO mailos alumnos para facer esta celebración. A vestimenta, as músicas, as coreografías, a coordinación entre os cursos, as coreografías, as probas de son, as coreografías, as probas das coreografías,… moito coreografiaron : )

Dende os ensaios:


Ata a actuación final:

Disfrutádeo !!!

Decorando o centro…

Mércores, Xuño 13th, 2007

Ao longo do 3º trimestre o centro estívose a decorar con motivos mariñeiros grazas a participación do ANPA e Asociacións veciñas. Chalecos, anzois, redes, nós, guías, posters, boias, gamelas, medusas, peixes…todos tiveron cabida no noso “buque educativo” que estivo dende o mes de maio de “portas abertas” para poder ver esta macroexposición. A prensa tamén faíse eco do asúnto e pública os seguintes artigos 1 e 2 (O Faro e o Atlántico).

Aquí vos deixamos unha videomostra para aqueles/aquelas que non puidestedes visitar esta exposición educativamente mariña :) .