Co gallo da semana do Libro, o centro dinamizou a Biblioteca fomentando a lectura a prol de favorecer a “conciencia mariña”; para iso, fixo unha escolma de materiais con esta temática e realizou unha exposición no centro, coa finalidade de favorecer o préstamos e a lectura “viva”, todo isto aderezado de posters, carteis e novas sobre mencionadas datas; para mostra un video dos máis “pequerrechos” do centro:
Dende a Consellería temos os seguintes recursos:
O Ourizo Azul é un recurso da Consellaría de Cultura para o fomento da lectura en lingua galega, con espazos tan interesantes como Novidades, A túa biblioteca, Os nosos creadores, Premios ou O teu club de lectura, onde se poden facer amigos e intercambiar opinións sobre libros. Acceso
Centro de estudos de promoción da lectura e da literatura infantil da universidade de Castela-A Mancha. Centrada en actividades para a universidade. Acceso.
Servizo de orientación de lectura, recomenda libros ofrecendo información sobre os mesmos. Ten unha sección para pais e un banco de recursos. Acceso.
Revista de literatura infantil. Ofrece información sobre premios, actualidade de libros… Acceso
Descubre a lectura e escritura a través dos xogos que van aparecendo nos contos. Podes crear as túas propias historias.Acceso