Anotacións do mes Xaneiro, 2007

Barcos russos descargam peixe ilegal em Galiza

Martes, Xaneiro 30th, 2007

Milheiros de toneladas de peixe capturado de modo ilegal no Ártico norueguês é descargado em Galiza e exportado como produto galego.

Artigo completo en signatus

O PROXECTO NA PRENSA

Luns, Xaneiro 29th, 2007

tira_paper
Nas novas do “Atlántico” faise eco do premio do centro no Proxecto Valora “Vivi-lo mar”.

Comentan os nosos tres puntos fortes do Proxecto:

- A integración das NNTT como medio de comunicación/colaboración e difusión de experiencias.

- A experimentación cun horto mariño na praia de Arealonga.

- A situación estratéxica do centro con grandes posibilidades para o traballo da “conciencia marítima” dos escolares.

Máis info sobre o Periódico “Atlántico Diario” (via wikipedia)

Primeiro acordo MUNDIAL sobre o atún

Venres, Xaneiro 26th, 2007

Xapón, España (Galiza), Taiwán e México son os estados que mais atún pescan no mundo. Xunto con representantes doutros 60 países e da FAO, acaban de se xuntar por primeira vez na historia para concertar políticas sostibles e pesca respetuosa co medio ambiente. Acordáronse inspeccións en alta mar contra a pesca ilegal, mais non se chegaron a fixar novas cuotas, a reducción de capturas a nivel mundial nin as medidas de protección para evitar as mortes accidentais de animais mariños ameazados de extinción. Será para outra vez.

Artigo completo en lourixe

ENCANTADA…

Xoves, Xaneiro 25th, 2007

Encantame o  voso traballo, e moy interesante que traballedes con nenos,  encantame que os nenos de infantil de catro anos  estudaran os peixes, moitos besos para eles que son moi traballadores

O PROXECTO

Domingo, Xaneiro 21st, 2007

S
(descargar logo)

A necesidade da formación en “valores” é algo que hai que ter moi presente na actualidade, ben é certo que ditos “valores” son circunstanciais tanto no tempo como no espazo así como que poden xurdir cismas epistemolóxicos derivados da individualidade que cuestionen os que son positivos e os negativos. Así pois o concepto “valores” só ten sentido dende unha perspectiva grupal, corporativa, de comunidade, así como a súa formación só ten xeito dende a colaboración.

Os centros educativos, xogan un papel moi  importante na procura de valores activos e democráticos, posto que cumpren tres requisitos importantes:

- Son unha comunidade.

- Desenvólvese nun contexto localizado

- e vivéncianse nun tempo determinado.

Tres variables que constitúen o obxecto de estudo para a elaboración de programas de intervención como o que se expón a continuación, xustificado cos seguintes principios:

O primeiro é o de contribuír no fomento dunha “conciencia marítima” coherente cunha realidade xeográfica onde esta asentada a nosa comunidade educativa. A nosa terra, a ría e o mar  elementos que denotan a nosa identidade tal e como rezaba Xaquín Lorenzo. Elementos do noso contexto, conquistados  polas nosas xentes no facer social económico como pobo. Pretendese así retomar e conservala conciencia das xentes que relacionaron e relacionan  a súa vida con mundo marítimo.  para así poder construír os sólidos alicerces dun importante entramado educativo, capaz de repensar a Galicia costeira en base ao traballo en valores

                                                                                                                              Esta conciencia marítima non debe ser só derivada dun grado de coñecemento sobre o mar a través da educación ou a lectura senón tamén pola experiencia directa de vivir xunto ao mar, viaxar , estar nun porto, ver peixes nas súas beiras, practicando algún deporte marítimo, etc.  É dicir, aparte do coñecemento escolar ou erudito esta conciencia debe adquirirse a través de vivencias e experiencias persoais que impliquen compoñentes evaluativos ou de valoración positiva cara este medio.

Derívase do anterior ó segundo motivo como é o de suscitar que este espacio marítimo sexa multifactorial; espacio creativo, de desenvolvemento pedagóxico de moitísimo potencial que, independente da importancia para a nosa terra, especialmente pesqueira, deber ser coñecido e recoñecido en 3 ámbitos indisociables:

COMERCIAL (conserveiras, explotación, a restauración ,a alimentación).
 Contémplase tamén unha experiencia de cultivo mariño transversal os tres descritores.

LABORAL (tipoloxía das pescas,fauna/flora,artes,embarcacións).
 
SOCIAL (A ría de Vigo, os museos, coidado do medio, sensibilización, a vida mariñeira, o lecer, o asociacionismo).

Mencionados eidos dan nome o noso proxecto: “CEIP LAREDO tres xeitos de vivi-lo mar”, mares, eidos ou temáticas transversais na nosa comunidade educativa que as presentamos en sete unidades didácticas  proxectadas durante o ano escolar e coas seguintes conexións cos diferentes documentos oficiais segundo  o Decreto 374/1996 que establece o regulamento orgánico do centro e a Orde do 22 xullo de 1997 que o concreta:

6.2.1 Obxectivos xerais do proxecto

a) Valores de  respecto e compromiso

1.      Coñecer a importancia histórica do mar no contexto mais inmediato e as súas repercusións na actualidade

2.      Fomentar o uso responsable do medio mariño e das dúas inmediacións.

3.      Comprender a importancia do concepto de comunidade educativa cara  o fomento de valores consensuados no eido de conservación e coñecemento do medio mariño.

4.      Coñecer as realidades culturais mariñeiras e a súa importancia na sociedade.

5.      Afianzalo compromiso do centro co coñecemento da súa realidade social mariñeira.

b) Estratexias educativas de traballo.

1.      Fomentalo traballo de  campo no alumnado, apoiado no  manexo de guías sobre xeografía, fauna e flora mariña .

2.      Observar directamente as especies localizadas, para recoñecelas características e estratexias que facilitan a súa adaptación no medio.

3.      Coñecela existencia de especies mariñas ameazadas.

4.      Tomar conciencia das agresións directas que o ser humano provoca sobre estas especies, incluso de forma involuntaria, e saber propor actuacións concretas para reducir los riscos.

5.      Participar activamente no mantemento do noso entorno, limpezas da praia, recollidas selectiva…

6.      Realizar experiencias de cultivo mariño na praia ou porto do contexto mais próximo

c) Coñecemento do medio mariño

1.      Coñecer o equilibrio do medio mariño e os factores que o sustentan.

2.      Recoñecer e comprender o uso e abuso das vedas

3.      Sensibilizarse ante a  problemática ambiental existente no contexto mariño mais inmediato.

4.      Adquirir  valores de mantemento e participación activa na protección e mellora de natureza e das relacións coa sociedade.

5.      Favorecer unha actitude  favorábel  cara  á cooperación con  outras  persoas - axentes ou asociacións  para  a resolución dos  problemas ambientais.

6.      Sensibilizarse ante necesidade de potenciar formas alternativas de relación co medio.

7.      Recoñecelo principais  acontecementos históricos relacionados coa ría de Vigo

8.      Comprendela necesidade e utilidade da conservación da Ría de Vigo e desenrolar  actitudes de respecto polo entorno no que se fomente a conservación da natureza e mantemento da biodiversidade.

9.      Coñecer e recoñecer os cambios que se producen na ría debido a man do home.

10.  Utilizar as novas tecnoloxías coma ferramenta de intercambio de experiencias.

CLASE PRÁCTICA DO BLOG 6º

Venres, Xaneiro 19th, 2007

Por Martín:

Na clase de educación física aprendimos a utilizar o blog do C.E.I.P. de Laredo. Foi moi interesante porque podemos poñer fotos, vídeos, e artigos. Un saúdo.

A clase de 6º.
Impresións:

Víctor “pareceume moi ben o que fixo Carmen cos nenos de 4 anos”
Carla “No yo no”

Pescanova ‘congela’ os seus investimentos em Galiza

Venres, Xaneiro 19th, 2007

A multinacional galega vem de comunicar à CNMV (Comisión Nacional del Mercado de Valores) a suspensom dos seus investimentos em Galiza, incluindo a paralisaçom das factorias previstas para a Marinha luguessa.

Artigo completo en nemtele

MANUAIS DE USO

Xoves, Xaneiro 18th, 2007

Manuais de uso da bitácora (versións online)

  1. Un pouco de Teoría
  2. Acceso (acceso dende Google; navegación; uso imaxes, son e videos ;comentarios)

    CLASE PRACTICA DO BLOG (5º)

    Xoves, Xaneiro 18th, 2007

    A día de hoxe fixemos unha sesión práctica coa clase de 5º curso, co fin de familiarizarse co blog e darlle uso.

    Ver demostración do seu uso.

    Animate a Rexistrarte no blog e participa!!!

    Algunha das impresións do alumnado:

    Gabriel:”me gusta mucho la pagina”
    Rebeca:”me parece muy interesante el trabajo”
    Santi:”Eeemmm (eso no) ijaiajiajiaj a ver…es muy interesante la pagina”
    Pablo: “me gusta mucho el trabajo de infantil de Carmen”
    Lara:”es muy inetersante la pagina”
    Alba:”me encanta!!!”

    De donde ven o peixe espada que comes?

    Martes, Xaneiro 9th, 2007

    Centos de toneladas de peixe espada capturado en marrocos mediante o emprego de xigantescas redes de deriva (ata 12 Qm.) son comercializados dende Vigo. Estas prácticas prohibidas na UE ameazan os stocks da especie e o futuro de moitos pescadores tradicionais.

    Artigo completo en Kandpalleiro