Anotacións do Tema 'PDI'

CONTO VIAXEIRO

Mércores, Abril 9th, 2008

Os nenos e nenas de Educación Infantil do Ceip Igrexa- Chapela están a participar nun conto viaxeiro proposto pola EEI O CON (Moaña), xunto con outras escolas. A continuación podedes ver o proceso de elaboración da páxina creada polos nenos e nenas da aula de 3-4 anos. Gustounos moito, e fixemos moitas cousas: pintamos na pizarra máxica, falamos co micro, movemos os debuxos, decoramos o protagonista e o escaneamos,… ¡Foi moi divertido!