Anotacións do Tema 'Entroido'
En Tempos de MariCastaña
Mércores, Febreiro 20th, 2008Entroido intercultural na Ramallosa
Luns, Febreiro 4th, 2008Dende América do norte,
llegan pisando moi forte
os Sioux,os Cherokees e os Apaches
vense ben! …ou non miraches?
Traen a cara pintada
e a pluma revirada.
Bailarán a danza do “Pisón” ,
todos a mogollón.
Se non queres ser pisado,
failles sitio de contado.
E veñen á Ramallosa
a dicirvos esta cousa:
Cando un indio dice “JAO”
estache chamando irmao.
Con estas palabras nos presentamos os nativos de América na festa das culturas do noso cole. Onde convivimos: africanos, hindús, árabes, chineses, rusos, indios americanos e cubanos nunha festa multicolor, chea de ritmos diferentes e onde a gastronomía típica de cada cultura tiña tamén a súa presencia. Dende tomar un té na Jaima acompañado de exquisitos postres hindús, ata unha deliciosa fritura de cabaza de Sudáfrica.
E onde non faltaron as aportacións de outros coles do proxecto europeo, que nos agasallaron con fermosas carautas chegadas de: Catalunya, Aragón, O Cra de Teo, Chapela e Redondela…. GRAZAS A TODOS!
ENTROIDO EN REBOREDA
Sábado, Febreiro 2nd, 2008Un zapato de cada cor, esa era a primeira orde do “Dragón Alberto” o noso meco, para o Luns , o Martes algo na testa,así que predominaron os sombreiros,aínda que tamén se viron algúns lazos ,o Mércores ,día da PAZ ordenounos vir en pixama,así que alá fumos, algúns ata en bata e zapatillas tamén, O xoves, pola mañá ca cara pintada e pola tarde o desfile, e o venres disfraz libre, escuso contarvos cántas princesas e super heróes tiñámos.
Por cousas do “tempo” tivemos que adiantar o xoves a celebración do Entroido , xa que as previsións meteréolóxicas non eran moi favorables para o Venres,así que , con un sol radiante,a eso das 3,50 comenzamos.
Primeiro subimos o patio grande e fúmonos sentando nas gradas para que tanto os pais como calquer familiar ou amigo puidera facerlle @s cativos os reportaxes fotográficos e de video desexados.
Como rezaba a nosa pancarta , “Aquí imos os máis festeiros ,as damas e os cabaleiros”,o medievo era a nosa temática, os compañeiros maiores ían de diferentes épocas, de anos 20, de hipies,e de siglo 22, foi verdadeiramente espectacular.
Colóusenos un vaqueiro do oeste,pero bueno ,permitímosllo , sobre todo por que é o que nos graba sempre e fainos as fotos, é o noso director,o malo foi que esquenceu o cabalo e fixo km de diante a atrás para poder fotografiar todo o longo do desfile que fixemos polos arredores do centro.
Os nen@s foron os protagonistas e así se sentiron , tivemos a sorte de ter un tempo estupendo , por que o venres efectivamente choveo e non sería o mesmo todos o montón no patio cuberto. Aproveito así este comentario para felicitar o noso director que se preocupa ata de mirar o tempo con anticipación para que non se lles estropeé a festa @s verdadeiros protagonistas , @s nen@s.
Felices Festas .
O Entroido no C.R.A. de Valga.
Mércores, Xaneiro 23rd, 2008
Este ano os nenos/as do CRA de Valga vanse disfrazar de Viquingos e con este motivo visitamos hoxe as Torres do Oeste de Catoira, foi unha visita guiada por un auténtico viquingo na que nos ensinou as torres, o drakkar, exhaustivas explicacións sobre a vida destes personaxes,…






