Anotacións do Tema 'Mundo Agro'

Compartiendo - CPI Boimorto

Sábado, Novembro 1st, 2008

Presentación NEVE1

Get your own at Scribd or explore others: Business Culture manual man

Xardineiros por un día.

Martes, Abril 22nd, 2008

img_2736.JPGimg_2733.JPGimg_2749.JPG

A semán pasada, cando o tempo o permitiu, os nenos e nenas de infantil do cole de Igrexa-Chapela, estiveron a xogar a ser xardineiros, gracias os seus amiguiños/as da Escola de Campos en Teo, que enviaronnos dous carballos. Nosos amiguiños/as están a reforestar unha parcela de bosque preto da sua escola, e alí teñen montada unha aula da natureza, onde coidan as plantas, reforestan, e aprenden cousas sobre as árbores e a nosa natureza. Estamoslles moi agradecidos polo seu agasallo, pasámolo moi ben e tamén aprendimos o importante de coidar as plantas e a natureza! GRACIAS!

Voz Natura

Venres, Abril 11th, 2008

bosque1-036-1024x768.jpg 

 Na web VOZ NATURA  atoparedes un video sobre o compostaxe, moi didáctico e recomendable para proxectar aos vosos alumnos, e artigos sobre o tema.

O ciclo da auga

Venres, Abril 4th, 2008

entroidocalo2008-047.jpgMundo agro

Mundo Agro

Domingo, Marzo 30th, 2008

A nosa compañeira Gela pasame esta dirección , non ten desperdicio.

 http://www.conafor.gob.mx/portal/home.php

Tamos en tempos de sementeira.

Plan Valora - Cra de Teo - “Sementando o Noso Futuro” Reforestación 4.450 de bosque e recuperación do Rio

Xoves, Febreiro 21st, 2008

“Sementando o Noso Futuro “

Mércores, Febreiro 20th, 2008

Caminante no hay camino , se hace camino al andar …. ayer Martes día 18 de Febrero del 2008 , hemos dado un paso importante para llevar a cabo un proyecto educativo integrado e integrador , donde nuestros alumnos puedan interactuar con el medio rural al que pertenecen ” sementando o seu futuro”. Asi hemos conseguido la cesión de una parcela de monte de 4450 metros cuadrados para la realización de un ambicioso plan de reforestación, donde se plantaran , en una primera fase 100 arboles autoctonos. Los integrantes del Plan Valora , del Cra de Teo , agradecen al Concello de Teo y a la Conselleria del Medio Rural la apertura de estos caminos , vitales para la educación integral de nuestros alumnos.

PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2007

Sábado, Febreiro 9th, 2008

Despois dun ano de traballo en equipo, xuntanzas e intercambios a prol de aprender mais e mais sobre conceptos lóxico-matemáticos e como facelos chegar o seu alumnado, o noso traballo “A Lóxica-matemática dende un enfoque constructivista” foi recoñecido como o primeiro premio educacompostela 2007. O Grupo Sementeira agradece enormemente este gran incentivo de motivación, o noso humilde traballo, que ten sempre como único obxectivo ampliar a nosa formación co fin de favorecer os aprendizaxes do noso alumnado ¡Os verdadeiros protagonistas! Como ven comentou na entrega de Premios o noso compañeiro Manuel: “En nome de todos eses nenos e nenas “¡O GRUPO SEMENTEIRA OS DA AS GRAZAS!

Falan do Agro

Domingo, Febreiro 3rd, 2008

 O  desenvolvemento rural do noso País pasa ineludiblemente polo compromiso cunha xestión que valorice o noso potencial forestal dende o punto de vista socioeconómico e ambiental.

Valorización integral do monte

O monte galego precisa unha mellora substancial da súa estrutura e potencialidades produtivas, desenvolvendo todos os beneficios tanto económicos coma ecolóxicos e sociais. É importante acadar un axeitado nivel de formación no sector forestal, especialmente en canto á sustentabilidade da xestión e a posibilidade de aproveitar o monte desde un punto de vista multifuncional, estudando as potencialidades e os distintos produtos e beneficios que se obterán.

Para conferir unha xestión forestal sostible debemos fomentar os documentos de planificación da xestión forestal e proxectos de valorización integral dos recursos forestais.

Para garantir un axeitado aproveitamento dos recursos forestais débese estudar a necesidade de diversificación dos produtos e servizos que se poden obter do monte, co fin de conseguir unha mellora das producións en xeral e a posibilidade de obter máis rendas baseándose na calidade e na ordenación das producións.

A mellora das condicións dos montes para o seu uso social e divulgativo e o fomento da mellora das condicións ambientais, a través da creación de espazos axeitados e instalacións e infraestruturas que aumenten as posibilidades de uso social do monte á vez que transmiten os valores e as potencialidades deste, permiten unha maior complicidade na loita contra os incendios forestais.

Os obxectivos destas axudas son os que seguen:

  • Acadar e difundir coñecementos e tecnoloxías axeitadas para a implantación de niveis crecentes de xestión produtiva, multifuncional e sustentable dos bosques.
  • Optimización do aproveitamento dos distintos recursos e servizos que proporcionan os montes.
  • A regulación e ordenación dos aproveitamentos forestais.
  • A conservación e fomento dos recursos forestais e dos valores ambientais e sociais dos montes.
  • O fomento, mellora e diversificación da produción forestal.

Volver Volver