Anotacións do Tema 'Mundo Mar'

Xardineiros por un día.

Martes, Abril 22nd, 2008

img_2736.JPGimg_2733.JPGimg_2749.JPG

A semán pasada, cando o tempo o permitiu, os nenos e nenas de infantil do cole de Igrexa-Chapela, estiveron a xogar a ser xardineiros, gracias os seus amiguiños/as da Escola de Campos en Teo, que enviaronnos dous carballos. Nosos amiguiños/as están a reforestar unha parcela de bosque preto da sua escola, e alí teñen montada unha aula da natureza, onde coidan as plantas, reforestan, e aprenden cousas sobre as árbores e a nosa natureza. Estamoslles moi agradecidos polo seu agasallo, pasámolo moi ben e tamén aprendimos o importante de coidar as plantas e a natureza! GRACIAS!

Outro Premio máis !!!! (Illas Atlánticas)

Domingo, Febreiro 10th, 2008

Da man da nosa profe (Mª Ángeles, moito traballa ela :) ) de 5º (moito traballan estes rapaces ;) ), seica estamos outra vez de noraboa, a súa clase gañou un premio ao facer unha orixinal banda deseñada sobre a necesidade dos coidados ambientais nas (Illas Atlánticas/Ons), así poís, aquí temos a súa recompensa ao esforzo neste vídeo:

Grazas pola túa labor Mª Angeles!.

MICOS…o xogo da pesca

Luns, Febreiro 4th, 2008

Mariscadora

p
s

MICOS é un xogo de mesa basado no clásico taboleiro da Oca, adaptado para dar a coñecer o mar e o sector pesqueiro dende tres puntos de vista diferentes:

- A industria Pesqueira:pescadores, mariscadores, acuicultores.
- A sociedade que consume: formas de consumo, seguridade alimentaria.
- O eido medioambiental:fauna e flora do medio mariño.

Unha partidiña??
Descargade o Xogo e disfrutádeo:

DESCARGA_XOGO_MICOS

Videoproxecto: Arealonga Contaminada

Domingo, Febreiro 3rd, 2008

Hoxe en educación física mandaronnos facer para o mércores unha especie de guión e un cómic para, despois,facer un videoclip.

Fixémolo por grupos, e no noso grupo escollemos o tema do lixo, pareceume un asunto moi interesante xa que aquí­ a contaminación polo lixo é moi abundante, temos moi boas expectativas para este traballo.

Ahí­ tedes o noso proxecto:

Realizado integramente polos rapaces de 6º Primaria CEIP de LAREDO dentro do marco do Proxecto “Agromar”, medio ambiente mariño.

Horto de Ameixas

Sábado, Xaneiro 26th, 2008

As miñas impresións da horto de ameixas foron moi boas, xa que parece ser unha actividade moi interesante sobre todo para os nenos de infantil porque a eles enterrar un día unha almexa pequena e para outro xa ter unha grande logo despois dinlle a toda a xente que plantaron almexas e agora xa están grandes.

A min gustoume tamén o noso traballo, que foi limpar a praia, pesar a almexas para metelas nas redes, despois as redes poñíanse nunha mesa de metal e máis tardepoñoían a mesa no mar. Tamén cultivamos almexas na area cunhas mallas apartamos area, puxéms a malla todo arredor dos montóns d area, botámos as almexas e despois a malla por enriba.

Agora estamos á espera a poder volver a ve-las almexas e coa esperanza de que non as quiten de alí outra vez.

Aquí tedes un vídeo das nosas intervencións na praia de Penedos (Chapela) realizando as tarefas de rehabilitación e mantemento despois do devandito “ataque furtivo”.

visita á Casa dos Peces

Mércores, Xaneiro 23rd, 2008

onte visitamos á Casa dos Peixes en Coruña para preparar a visita que pensamos efectuar co alumnado en maio. Isto permítenos dispor dunha información moi valiosa e tamén de material (trípticos, planos…) para ir con eles en maio,

e ademáis terán a entrada gratis!!.

Nadal dende o CEIP Igrexa

Luns, Xaneiro 7th, 2008

Panxoliñas!!!

Luns, Decembro 31st, 2007

Se tedes a ben a vosa saúde auditiva , baixade o son, problemillas das saturacións e iso :( , pero a pesar diso, unha lembranza do noso Nadal Musical a cargo dun “Xenio” Gaiteiro , Guillerme, frontman de Quempallou.